O MEU PLE
O entorno Persoal de Aprendizaxe ou en inglés Personal Learning Environment PLE, é o conxunto de recursos, actividades y fontes
de información empregados para a xestión de aprendiaxe persoal.
Aínda que o termo se acuñou dende fai pouco tempo, un tipo de aprendizaxe
que na realidade se ven desenvolvendo dende fai tempo, non se trata dunha nova
metodoloxía onde cada persoa márcase os seus propios obxectivos como aprendiz
escolle o profesorado, as ferramentas, os contidos que quere traballar e
aprender. Para isto a persoa aprendiz ten que estar formada na búsqueda de
información.
Jordi Adell o define como “un enfoque de aprendizaxe”, non é unha
aplicación, unha plataforma ou un novo software. Nos PLEs non hai evaluación,
non hai títulos, é unha forma de aprender.
Un concepto tecno-pedagóxico que saca o mellor partido das innegables
posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e das emerxentes dinámicas sociais que
teñen lugar nos novos escenarios definidos por esas tecnoloxías.
Así o PLE ten tres partes:
1.- Ferramentas que unha persoa emprega para comunicarse con outras
persoas.
2.- Recursos: revistas, blogs, wikis, webs, publicacións, etc.
3.- Peronal Learning Network: persoas coas que mantemos contactos.
O intercambio de información pode ser mediante obxectos personais como pode
ser un blog, Slideshare, Youtube.
Por outra parte, as redes sociais xeneran espazos ou ágoras nas que podemos
intercambiar información directamente como son Facebook ou Linkedin.
O PLE é moito máis que acceder a información, nun PLE espérase que cada
persoa sexa productora de información. Temos que procurar ser xenerosos o
xenerosas, dar tanto como tomamos ou se non corremos o risco que a xente se
farte de dar e non recibir.
Temos que ter en conta que un PLE varía no tempo, é cambiante, agregamos e eliminamos
ferramentas, compartimos o que facemos na rede podemos engadir e compartir o noso
life streaming, a través de ferramentas
como Feedly.
Feedly é unha ferramenta que permite agrupar tódolos contidos actualizados
na web. A vantaxe que supón esta ferramenta é a inmmediatez de acceder desde un
mesmo espazo a múltiples fontes de información online e ordear a información
como desexemos. Outra característica que
pode resultar interesante é que podemos engadir a nosa web ou blog a feedly ,
así, Feedly proporciona un maior alcance a través das persoas que se
subscriban.
Outra ferramenta igualmente interesante é Scoopit , organiza os contidos
online por temáticas, reúne información para amosala e compartila de xeito
atractivo en internet.
Dende a miña opinión persoal, ámbalas dúas ferramentas son poderosas
plataformas na que as persoas usuarias engaden artículos que se ven na web
baixo determinados topics. Axundan a , isto axuda a difundir os nosos blogs de
forma máis eficiente.
Para crear o noso PLE podémonos axudar con video tutoriais. Neste amósase a ferramenta Symbaloo:
Empregando esyta ferramenta elaborei o meu PLE , quedando así:
Outras interesantes ferramentos son Feedly, comparto pinchando aquí o meu.
Así como Scoop it, unha ferramenta moi útil para a organización de contidos. Aínda estou descubrindo tódalas opcións que da esta fantástica aplicación, un avance do meu perfil aquí .
Así como Scoop it, unha ferramenta moi útil para a organización de contidos. Aínda estou descubrindo tódalas opcións que da esta fantástica aplicación, un avance do meu perfil aquí .
Coma valoración xeral e conclusión, hoxe en día un bo PLE é clave para nos mesmas e para a contribución que podamos realizar na nosa contorna.



No hay comentarios:
Publicar un comentario