Mostrando entradas con la etiqueta desenvolvemento persoal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta desenvolvemento persoal. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de octubre de 2017

Reflexión sobre o meu PLE


O PLE (Contorna Persoal de Aprendizaxe) é un enfoque de aprendizaxe onde a persoa se vale das ferramentas e servizos da web para formarse de xeito autónomo. A través dun PLE é a propia persoa a que fixa as súas metas, obxetivos e incluso escolle os mestres. O PLE vai a ser un método dinámico, onde a persoa pode ir incorporando novas ferramentas a medida que estas van xurdindo ou as vai coñecendo.

Un PLE ten tres piares:

  1. As ferramentas de comunicación (que un mesmo elixe)
  2. Os recursos ou fontes de información: páxinas web de institucións, blogues, wikis…
  3. Persoas coas que contamos a través das ferramentas de comunicación: persoas coas que mantemos contactos e coas que interaccionamos. Neste senso non vale ser só consumidores, senón que debemos ser productores de contido.

O meu PLE quedaría da seguinte maneira:



ple de elaboración propia
Contorna Persoal de Aprendizaxe de @patri_carballal



Buscadores, correo electrónico, blogues especializados, suscripcións a newsletters, diarios dixitais, boletíns oficiais… son ferramentas que forman parte do meu PLE. Demasiada información xunta que administraba en carpetas na barra de marcadores do meu navegador. Unha tarefa esgotadora á hora de revisar tanta información. Estaba infoxicada ata que coñecín Feedly.

Feedly é unha ferramenta que permite clasificar e organizar a información en categorías segundo os nosos intereses profesionais e persoais. Con Feedly podemos ver a simple vista as novidades das nosas fontes de información e poder escoller a que máis nos interese nese momento (ou gardar para ler máis adiante). Paréceme unha ferramenta utilísima posto que é moi intuitiva e fácil de manexar.






Cando falamos de curación de contidos debemos falar de Scoop-it. Esta ferramenta  axudanos a atopar contidos do noso interese e crear un espazo vinculado a un tema ou topic onde outros usuarios poden ver e compartir a información. Ademáis Scoop.it permite linkear os contidos ás nosas redes sociais de maneira simultánea. 





Valoración persoal:

Se teño que elexir unha ferramenta das anteriores quédome con FEEDLY. Dende o meu punto de vista, é moito máis intuitiva e axeitada para o meu traballo actual, posto que teño que revisar moitas fontes de información e ver se aparecen actualizacións. Aforra moito tempo ter todas as novidades dos sitios web a revisar nunha soa páxina e poder organizala por intereses. Por outra banda vexo que Soop.it tarda máis en cargar os contidos e ten un deseño máis "cargado". Ademáis ao ter a versión en inglés, para moita xente pode supoñer un problema.


Amo FEEDLY



Tutorial Feedly (español)

Tutorial Scoop.it (español)

Tutorial Storify (español)