Mostrando entradas con la etiqueta ENTREVISTA SELECCIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTREVISTA SELECCIÓN. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de noviembre de 2017

¿Qué son os itinerarios personalizados de emprego?


TEMA 11. INTERMEDIACIÓN

Existen diferentes modelos de intervención:
  1. Didáctico: o persoal técnico ten a función de aconsellar. 
  2. De asesoramento: o persoal técnico ten a función de acompañar e asesorar.
  3. Centrado en recursos: trabállase no proceso como facilitador de recursos, establécense metas a curto plazo. 
A orientación debe plantaxarse sempre dende a individualización, flexibilidade e búsqueda da autonomía da persoa orientada.

Para levar a cabo a labor de orientación, teranse en conta as seguintes accións:
  • Atención individualizada: en entrevistas persoais.
  • Accións grupais: talleres de recursos persoais (habilidades sociais, competencias, toma de decisións, resolución de problemas...) e talleres de búsqueda de emprego (a través de NTIC, ferramentas de BAE, entrevistas de selección...)

TEMA 12. ITINERARIOS PERSONALIZADOS

Un itinerario personalizado de inserción (IPI) é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e individualizado. O obxectivo é tanto a inserción sociolaboral como o desenvolvemento profesional, a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral.

O proceso de elaboración dun itinerario ten tres fases:

  1. Diagnóstico personalizado
  2. Intervención orientadora: actividades individuais e grupais.
  3. Avaliación continua.
A característica fundamental dun itinerario de inserción é a súa flexibilidade posto que pretende cubrir a maior parte das necesidades do individuo. Polo que é fundamental un bo traballo en rede.

Esquema para a realización dun IPI:

  • Acollida: é a toma de contacto coa persoa, é necesario establecer unha relación de confianza. Tamén é o momento de explicar as características do servizo e valorar a motivación da persoa.
  • Diagnóstico: faremos unha valoración da empregabilidade da persoa recollendo e valorando información sobre a traxectoria laboral, situación persoal, cv oculto, aptitudes e actitudes...
  • Devolución e Compromiso: trátase de devolverlle información á persoa para a súa toma de decisións e establecer un compromiso de actividades a desenvolver para acadar os obxectivos marcados.
  • Seguimento e Acompañamento: mediante entrevistas individuais. Poden ser de seguimento, mantemento ou renovación. 
  • Peche: é o punto de finalización do proceso. Non sempre se conseguirá a inserción laboral pero si unha mellora na autonomía da persoa.

TEMA 13: PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDAS NA TOMA DE DECISIÓNS

A entrevista vai conformarse como o instrumento para avaliar que a persoa é válida para un posto (se sabe, se quere e se pode). Existen diferentes tipoloxías de entrevista: dirixida, semidirixida ou grupal. 

Para enfrontar eficazmente unha entrevista é imprencindible ter en conta aspectos moi importantes que teñen que ver coa comunicación verbal, non verbal e paraverbal. 




TEMA 14: ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO. 

Coñecer os postos de traballo e as características principais que definen cada unha das ocupacións existentes é imprencinsible para levar a cabo a función orientadora. Debemos guiar á persoa orientada na búsqueda de fontes de información, ofertas, certificados de profesionalidade, fichas profesionais, contactos, colexios profesionais...Non só é necesario recompilar información senón tamén é importante facer unha selección da máis significativa (descrición, función e tarefas, espazos onde se realiza, ferramentas utilizadas, condicións laborais...). Todo isto axudará á persoa orientada a coñecer a súa motivación e os seus intereses. 




Por outra banda a prospección é un instrumento que apoia a acción orientadora no coñecemento do sector empresarial, as súas demandas, os perfís que solicitan... así podemos detectas as necesidades que surxen, axustar oferta e demanda ademáis de sensibilizar e dar a coñecer os recusos dos que se dispoñen en materia de emprego. 


TEMA 15: TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AOS EMPREGO E O AUTOEMPREGO. 

O coñecemento por parte da persoa orientada das diferentes técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é imprencindible á hora de facer BAE. O obxetivo é que o demandante coñeza os diferentes instrumentos e adquira as habilidades necesarias para facer unha búsqueda activa de emprego planificada e individualizada a cada oferta. 

Contar co coñecemento dos diferentes recursos axudará ao demandante a afrontar os procesos de selección de maneira máis confiada e polo tanto exitosa.

Ademáis das canles (bolsas de meprego, prensa, boletíns, blogues, ett, rede de contactos...) debemos ter presentes os diferentes tipos de CV (cronolóxico, funcional, por competencias, europass) e de cartas de presentación (respposta a un anuncio, motivación, seguimento dunha oferta, autocandidatura...)


TEMA 16: ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA.

O plan de empresa é un documento que reflexa a idea da persoa emprendedora, polo que dará forma á mesma e axudaralle a determinar se o seu proxecto é viable e os elementos máis importantes para a posta en funcionamento da súa empresa. Neste documento debe reflectirse o estudo de mercado, plan comercial, recursos humanos, aspectos legais, estudo económico...



Unha ferramenta interesante para esta reflexión da persoa emprendedora é o mportante a ter en conta é a Análise DAFO, que axuda a identificar ameazas, fortalezas, debilidades e oportunidades. 

Para saber máis:

Plan de Empresa



lunes, 27 de noviembre de 2017

A intermediación e o plan empresarial

Os contidos deste módulo  distribuíronse en seis temas enmarcados en dous bloques diferenciados:
  • O primeiro bloque foi exposto por Mayte Deus e nel abordou: a intermediación, IPIS, procesos individualizados de orientación e axuda na toma de decisións, perfís profesionais, prospección emprego, técnicas e ferramentas para o emprego e autoemprego.

  • O segundo bloque é o referente a segunda parte do plan  de empresa que xa iniciáramos con Fernando Agulló no primeiro módulo.

TEMA 11. INTERMEDIACIÓN 

Existen varios modelos de intermediación con características propias que deben ser utilizados de forma flexible e que están a disposición do orientador, e que os utilizará en función das persoas ou colectivos a atender, da actualización planficada, e dos fins ou obxectivos programados no proceso de orientación.

Modelos de orientación:
  • Modelo didáctico: Está baseado nunha intervención puntual, donde o persoal técnico ten a función de aconsellar. Usuarios activos con nivel alto de autoresponsabilidade.
  • Modelo de asesoramento: O papel do técnico non é tanto guiar ou aconsellar senón acompañar e asesorar aos demandantes, para poder acceder ao mercado de traballo.
  • Modelo centrado nos recursos: trabállase máis no proceso facilitador de recursos, e en metas a curto plazo.
O eixe da intermediación laboral son a proacción, a motivación e o mantemento das actividades de inserción laboral.

Os principios fundamentais de orientación laboral son:
  • individualización adaptándose as necesidades e circunstancias das persoas. 
  • Flexibilidad.
  • Autonomía: pontenciando a autonomía de cada persoa desarrollando as habilidades, recursos e competencias.
Outro factor importante neste tema son as actuacións e procesos de orientación para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de colectivos vulnerables, así como de persoas con discapacidade.


 TEMA 12. ITINERARIOS PERSONALIZADOS.

A orientación laboral é a porta de entrada as políticas activas de emprego.O orientador asesora, informa, motiva, apoia o usuario pero nunca é un conseguir de emprego axuda a....

Os itinerarios de  inserción son accións que se organizan dentro dun proceso e teñen como obxectivo a inserción socio-laboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios a través do asesoramento individual (entrevistas e tutorías) e grupal (dinámicas de grupo e acción formativas).

Son  accións encamiñadas a aumentar a empregabilidade e desenvolvemento profesional dos ususarios.

FASES DO ITINERIARIO:






  •  ACOLLIDA: É a primeira toma de contacto onde se explican as características do servizo, delimítanse os roles, créase un vínculo de confianza e valorase a motivación do usuario.
  • DIAGNOSTICO DA EMPREGABILIDADE(informe DAFO)
Recollemos e valoramos a información referente a empregabilidade da persoa: características persoais (traxectoria laboral, cv oculto, situación social) as aptitudes e actitudes ( hábitos e habilidades de busca de emprego, actitude cara o emprego e a formación), proxectos persoais, estratéxias etc.
  • DEVOLUCIÓN E COMPROMISO. 
Devolver información que permita tomar decisión en relación co seu proceso de inserción, fixar un percorrido ou itinerario e establecer o compromiso de actividade, este faise unha vez alcanzados e consensuados as actividades que se van a levar a cabo para acadar os obxectivos.
  • SEGUIMENTO E ACOMPAÑAMENTO:
Unha vez feito o compromiso de actividad   establécese una serie de entrevistas  de seguimento e acompañamento.

  • PECHE.
Non sempre se conseguirá a inserción laboral pero si unha mellora na autonomía da persoa, faise unha avaliación do programa subriñando os cambios e logros, unha valoración da persoa e siñalanse as perfectivas de futuro.


TEMA13. PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDAS NA TOMA DE DECISIÓNS.

A entrevista no proceso de orientación laboral é un instrumento que se emprega co obxectivo de asesoramento e como medio de selección de persoal.

A  ENTREVISTA DE ORIENTACIÓN LABORAL

É un proceso de comunicación entre dúas ou máis persoas que ten como finalidade determinar a adecuación do candidato a un determinado posto de traballo.

As funcións do orientador son as de averiguar se o susario é valido para o posto de traballo o que aspira: se pode, se sabe e se quere.

Valora as  actitudes, motivación e a coherencia entre a sua situación e as súas expectativas.

Non sólo ten que indagar sobre as cuestión estrictamente académicas ou laborales, senón que sobre todo aqueles aspectos que forman parte do cv oculto e que ns permitirán valorar cal é o o seu punto de partida e o seu nivel de empregabilidade

Precísase un clima de confianza e comunicación.

A funcións do entrevistado é demostrar que sabe, que pode e que quere desarrollar as función do posto.

                           




Hai tres tipos de entrevistas : cando o entrevistado ten pouca marxe para respostas falamos da entrevista ríxida ou dirixida, cando pode expoñer  un tema dunha maneira máis libre e espontánea sería a semiríxida e por ultimo están as grupales.

ENTREVISTA DE SELECCION POR COMPETENCIAS:

Baséase no rendemento profesional e nas conductas observables, faranse preguntas a partir do análise do posto de traballo, sería sempre a mesma pregunta e o mesmo proceso  para todos os candidatos e tómase a decisión de cotratar despois de rematar todas as entrevistas.





ORIENTACIÓN LABORAL NA UE.


Os estados membros da UE teñen sistemas diferentes de orientación debido tamen a que son diferentes os sistemas educativos e laboráis.

Concívese a orientación como un proceso continuo e que acompañará o individuo ao longo de toda a súa vida laboral.

Tendencia cara onde se dirixen os cambios:
  • consideránse os profesionais da orientación como axentes de cambio e dinamizadores.
  • o suxeito orientado considérase como  un axente activo do seu propio proceso de orientación.
  • potenciarase a orientación no ámbito universitario, comunitario e social.
  • utilización de informática e de novas tecnoloxías no traballo e orientación.


TEMA 14. ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO.

ANÁLISE DOS POSTOS:

É imprescindible para calquer orientador laboral o coñecemento  dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións.

A función do orientador é asesorar e dar as ferramentas  para que a persoa aprenda a identificar que información precisa e poida movilizar os recursos e mecanimos  axeitados para acadala.

A persoa ten que adquirir autonomía e non crear dependencia.

É importante que en todo momento o usuario adopte un papel activo e participativo. Para xeralo podemos empezar por analizar os recursos que dispón a persoa e que lle poden ser útiles facendo unha lista en conxunto co técnico.

Un dos exercicios para traballar a análise do posto de traballo consiste en propor ao usuario que busque información en diferentes fontes sobre as ocupacións obxecto do estudio e identifique cales son as principais características que ofrecen e demandan no posto de traballo.

Unha vez que a persoa ten a información débese traballar e valorar os intereses e motivacións que tiña co que realmente lle van a esixir no posto de traballo, e se realmente pode desempeñar ditas funcións.

PROSPECCIÓN:

Acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como proporcionar solución , ademáis de sensibilizar ao empresariado sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores ou outros aspectos de interese para o desvovemento de actitudes de responsabilidade social.

A prospección é unha ferramenta de apoio ao  traballo dos orientadores laboráis  que nos permite obter información do tecido productivo, detectar as necesidades de emprego, axustar a oferta e a demanda e dar a coñecer os recursos a nivel de emprego.

fases da prospección:

  • preparatoria:
 permite coñecer o perfil do posto e o da persoa demandante, delimitar o ámbito da prospección


  •  planificación:
identificar e recompilar información da empresa, crar unha base de datos, preparar material e documentación que imos achegar e difundir as actividades a realizar dentro dun plan de comunicación /marketing.
  • campos de traballo:
toma de contacto coas empresas e prepararcion e desenvolvemento da visita. Prodúcese a interacción e intercomunicación entre o prospector e a empresa.

No caso dunha prospección para a inserción labora, hai que lembar que a fase de campo ten que ter por obxecto concretar un proxecto de inserción.

  • evalucación e seguimento:
Trata de analizar a información recollida e buscar solucións ou satisfacer necesidades detectadas.

Consta de tres etapas:
  1. depuración, grabación e análisis de datos.
  2. Interpretar os resultados.
  3. seguimento periódico de actuación.
Hai unha série de de instrumentos necesarios para levar a cabo a prospección: datos sobre as empresas, guión para a preparación das visitas, modelos de carta ou mail para dirixirse ás empresas, folletos informativos..etc.


TEMA 15. TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E O AUTOEMPREGO.

O obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego  é:
  •  que o demandante  coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten facer unha busca de emprego activa organizada e planificada.
  • dispor dos recursos teórico prácticos básicos para afrontar os procesos de seleccíón con maiores probabilidades de éxito.
O proceso de selección é a unión entre a empresa que dispón dun posto vacante e a persoa que se atopa na procura de emprego.

Hai unha ampla variedade  de canles polas que circulan as ofertas de emprego:

  • bolsas de emprego de:  portais online, colexios profesionais, asociación, sindicatos, unviersidades, webs especializadas etc.
  • prensa.
  •  boletins oficiais e emprego público.
  • intermediariso entre a oferta e a demanda : servisos públicos de emprego, empresas consultoras, de selección de persoal, Empresas de traballo temporal, axencias de colocación.
  • autocandidaturas.
  • rede de contactos, networking

AUTOCANDIDATURA:

Para conseguir que a autocandidatura sexa  eficiente hai que:
  • Acotar o número de empresas onde entrgar o CV.
  • localizar organización que responda ao perfil do candidato.
  • porse en contacto coas empresas,   a poder ser contactar co respondable da selección ou  do departamento de RRHH.
  • enviar CV e cartas de presentación persoalmente ou a través do correo electrónico.
  • facer un seguimento mediante chamada ou correo electrónico uns días despois para saber como vai a túa candiatura.

CV E CARTA DE PRESENTACIÓN.

O CV é a ferramenta básica para a búsca de emprego, é a primeria toma de contacto coa empresa e debe atraer a atención e sucistar o interés do seleccionador,  ben deseñada pode facernos conseguir unha entrevista de traballo, paso previo a ter un posto de traballo.

Existen varios modelos e forma de realizar un CV:
  • Cronolóxico: ordenar toda a información en base as datas de realización.
  • Funcional: consiste en agrupar as diferentes ecperiencias profesionais segundo as áreas de actividade.
  • Por competencias: destacanse as competencias adquiridas polas persoas ao longo da súa vida profesional.
  • Europass: para aquelas persoas que desexan traballar na UE. dispón de 5 documentos : o CV Europass , pasaporte de linguas europeas, o suplemento Europass ao título/certificado, suplemento Europass ao título superior  e o documento de movilidades Europass.
O CV ten que ser claro, conciso, e adaptado a oferta e debe ir acompañado dunha carta de presentación.

Existen outras ferramentas máis innovadoras, como o videocurriculu, o cv creativo, as ferramentas 2.0 ( portafolios dixitais, bloggue, infografías etc.).

ENTREVISTA DE SELECCIÓN:

É unha ferramenta de venda dun mesmo , é importante preparala ben para ter éxito.

Hai varios tipos de entrevistas SEGÚN:

  1.  número de entrevistadores: individual, múltiples ou de grupo.
  2. método utilizado: dirixida, libre, mixta.
  3. enfoque utilizado: curricular ou por competencias.
  4. estilo utilizado: conciliadora, agresiva.
Ademáis da entrevista hai outras probas de selección como as probas profesioais, cultura xeral, motivadoras, de personalidade, tests aptitudinais, etc.

NETWORKING

Formado pola rede de contactos: tanto pola  xente relacionada co noso obxectivo profesional  como tamén as persoas coas que tivemos relación  nun momento da nosa vida e coas que é posible retomar o contacto.

Xestionar e manter estes contactos non é unha tarefa fácil, pero é moi importante na procura de emprego.
 
RECURSOS PARA O AUTOEMPREGO.

Persoalmente no  asesoramento para o autoemprego o que intento é sempre potenciar a iniciativa emprendedora e derivalo a entidades e recursos públicos  que lles poidan asesorar máis en profundidade.

Alguns dos organismos que manexo son: Igape, Consellería de economía emprego e industria, Consello galego de cooperativas, rede Eusumo, oficina do empregador, Cámaras de comercio, asociacións empresariais, Mancomunicades, Concellos, unviersidades etc


TEMA 16. ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA.

Para min como orientadora este tema foi dos máis difíciles do curso  polos escasos coñecementos previos que manexaba  sobre a  temática tratada.

Con Fernando seguimos a traballar no noso plan de empresa xa diseñado no módulo l.

O plan de empresa é un documento donde o emprendor da forma a sua idea e axudaralle a determinar a viabilidade do proxecto, é onde o emprendedor reflexiona e plasma as cuestións máis importantes para a posta en marcha da empresa.




O primeiro paso é facer un estudo de mercado : actividade da empresa, o mercado no que vai operar para poder coñecer os aspectos técnicos e económicos, saber cales son os competidores, proveedores, consumidores, compencia no sector.

Unha ferramenta importante a ter en conta é o análisis DAFO para identificar  debilidades, amenazas, fortalezas e oportunidades.

A continuación realízase a estratéxia a seguir,  as variables do marketing ( precio, distribución, etc) e o estudo do mercado para facer unha previsión de vendas a curto prazo e para rematar o análisis económico-financieiro para estudar a viabilidade da nosa empresa.




 Como último e para completar e saber máis :