Mostrando entradas con la etiqueta Habilidades sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Habilidades sociais. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de octubre de 2017

Competencias sociais e comunicativas



"Habilidades e competencias sociais" 

Relatorio de Fernando Aguilar – Galindo Ávila  


O sábado 21 de outubro contamos coa presenza de Fernando Aguilar-Galindo Ávila que foi o encargado de introducir as habilidades e competencias sociais necesarias para poder desempeñar adecuadamente a nosa labor como orientadores/as laborais.

Imos destacar nesta entrada a importancia do autocoñecemento e a intelixencia emocional, ámbolos dous conceptos moi relacionados. Igualmente importantes son a xestión do estrés e a proactividade, competencias destacables hoxe en día no ámbito laboral, coma o último concepto aquí tratado concepto que é o de liderado.

Coñecemento e Autocoñecemento 


O autocoñecemento permítenos coñecer os nosos potenciais, aptitudes, intereses etc. Saber quen somos e que queremos facer é de vital importancia para o noso desenvolvemento persoal. Para chegar a unha meta é moi importante saber de onde partimos. Esta reflexión sobre nós mesmos cobra importancia á hora de aprender das experiencias, fai de nos persoas que coñecemos os nosos puntos fortes e débiles. Coñecernos a nós mesmos e a nos mesmas é o paso previo para poder coñecer e conectar coa persoa coa que vamos a traballar.

A Orientación ten que basearse nunha relación de confianza, un valor difícil de conseguir pero moi doado de perder. Debemos adicar tempo a coñecer e conectar coa outra persoa que temos diante. Para iso é importante evitar a soberbia, a actitude coa que nos enfrontamos é fundamental posto que ésta da máis información que as propias palabras. A humildade ten que ser a máxima na relación orientador-orientado. Por outra banda tamén é importante centrarse nos intereses da persoa, polo que debemos coñecer os seus intereses e necesidades. 

Outro punto importante a ter en conta á hora de levar a cabo a nosa labor como orientadores/as, é trasladar expectativas positivas á persoa xa que van a influir nela de maneira significativa (efecto Pigmalión) 

Emocións e Intelixencia Emocional


Tódalas emocións son necesarias para a supervivencia do ser humán. Estas van a depender en gran medida da propia persoa, de como ve e interpreta o mundo. Esta interpretación pode ser positiva ou negativa. Non somos responsables das nosas situacións emocionais, pero sí de como nos enfrentamos a elas, ben con resignación ben aceptándoas. Esta aceptación está relacionada co concepto de intelixencia emocional  termo que apareceu en 1990 cos psicólogos americanos Peter Salovey y John Mayer e foi con Daniel Goleman en 1995 que o deu a coñecer con libro que se titula igual que o termo do que estamos a falar " Emotional intelligence".

A intelixencia emocional (IE) é a capacidade das persoas de indentificar os seus estados emocionais (e o de outras persoas), aceptalos e actuar en consecuencia de maneira adecuada. Podemos dicir que a IE é a suma da intelixencia intrapersoal e a interpersoal.

Para mellorar a nosa IE temos que:
  • Detectar a emoción.
  • Poñerlle o nome adecuado (non confundir as emocións)
  • Non xulgar o que sentimos.
  • Descubrir as manifestacións corporais que presenta o estado emocional
  • Controlar os pensamentos, focalizase.
  • Expresar as emocións de maneira asertiva.


Xestión do Estrés


O termino “estrés” ven derivado da palabra tensión o presión e fai referencia a o afrontamento das situacións que requieren dun esforzó extra.
A capacidade de cada persoa para afrontar estrés dependerá de múltiples factores, tanto persoales con situacionales.

Hai 4 elementos que están relacionados cun maior nivel de estrés: A novidade, a incapacidade para predecilo ,a sensación de descontrol que xenera e o nivel de ameaza física o mental q a persoa sinte.

Un factor importante e a interpretación que un mesmo fai dese estimulo o situación, e as emocións que esa interpretación xenera.
Es decir ,ante un mesmo estimulo estresante as persoas reaccionarán de maneras diversas, en función dos pensamentos que ese estimulo xenere.

Numerosas investigacións demostraron que o apoio social axuda a amortiguar o impacto e as consecuencias tanto físicas como psicoloxicas. O que e de gran importancia ante situacions estresantes prolongadas no tempo ,coma poden ser o desemprego e a búsqueda de traballo.

Dende o meu punto de vista é preciso non esquecer estas cuestións a hora de desenvolver a labor orientadora, xa que as emocions e a xestión do estrés inciden directamente en factores determinantes coma a motivacion , a constancia e as expectativas na busqueda de emprego.

Proactividade


É un termo acuñado por primeira vez por Victor E. Frankl, psiquiatra e neurólogo austríaco que sobrevivíu aos campos de concentración.

En 1946 publicou "O home en busca do sentido" onde define a proactividade como a liberdade de elixir a nosa actitude fronte as circunstancias que nos ofrece a nosa propia vida. Sempre podemos elixir como actuar. 





Nos anos 90 Stephen Covey puxo o termo de moda. Unha persoa proactiva é aquela que decide en cada momento o que quere facer e como facelo sen identificarse coas circunstancias. Céntrase nas accións na que pode influír (área de influencia) y evita malgastar o tempo e a enerxía sobre aquelas cousas que non dependen de nos (área de preocupación). 

Trátase de aprender a xestionar de forma adecuada as emocións, pensamentos, accións, condutas e decisións.

Hoxe en día esta palabra repítese a miúdo, as empresas buscan persoas proactivas, emprendedoras, con ideas, que toman a iniciativa sen medo e comprometidas co seu traballo, que non sean oberservadores pasivos..Sé proactiva: predice, prevé, planifica e participa. 

Ser proactivos é una maneira de pensar e de actuar, una actitude ante a vida que che reportará beneficios no traballo, é una ferramenta imprescindible para que as empresas sobrevivan e medren na contorna cambiante na que estamos. 

                     


Liderado e Influencia: Dous camiños cara a felicidade


En calquera convivencia social, dependendo das nosas calidades persoais intrínsecas e do contexto, as circunstancias obrígannos a tomar unha decisión, definindo a posición que adoptaremos: ou somos líderes ou somos liderados. Por iso consideramos o noso grao de influencia, ao adquirir conciencia do noso papel nese contexto, pero  sen esquecernos de que dispoñemos do poder da elección, ben sexa para manter as nosas actitudes ou para cambialas, sempre que o desexemos.

En definitiva, cada un de nos pode ser líder nalgún momento e liderado noutro, posto que ambos papeis teñen unha relación de interdependencia recíproca.

Esta aparente ambivalencia é perfectamente normal, xa que ningunha das dúas posicións, en principio, é mellor ca outra. Ambas deben basearse no respecto mutuo, e na comprensión da importancia da participación de todas as persoas, tanto nos obxectivos como nos resultados colectivos  que deberán ser positivos para todos.

E por iso, resultan ser habilidades estratéxicas tanto para os grupos en conxunto, como para cada persoa individualmente, xa que favorecen o seu crecemento persoal e profesional.

O que se percibe a través da experiencia e do análise das relacións humanas, é unha maior valoración de certas calidades persoais que predicen o liderado, como a visión, creatividade, dedicación, confianza e humildade.

Por iso se afirma que as persoas que posúen estas características teñen maior probabilidade de converterse en líderes...ou en liderados de éxito.

E sendo así, correspóndelle a calquera persoa que aspire a ser feliz, espertar ao líder humano que xa existe nel, o líder capacitado para recoñecer as súas calidades e a súas debilidades, o seu potencial e as súa deficiencias.




Reflexión grupal:


Este relatorio serviunos para reflexionar sobre a importancia de coñecerse a un mesmo para poder comezar a traballar cos orientados/as posto que é fundamental crear unha confianza coa persoa que temos diante. Para poder chegar a ese punto temos que ser conscientes das propias emocións e das alleas para poder actuar en consecuencia e establecer unha comunicación eficaz entre orientador-orientado. De cómo xestionemos as emocións e o estrés van depender en gran medida os resultados da labor orientadora.

Como orientadores debemos de ser capaces de traballar coas persoas as habilidades e competencias sociais posto que repercutirá nunha búsqueda de emprego con mellores resultados e non só centrarnos en outros aspectos meramente burocráticos. Asesorar e orientar con empatía e asertividade repercutirá positivamente nas persoas que acudan aos servizos de orientación. 





Para saber máis:

Inteligencia Emocional. Daniel Goleman

Recomendaciones sobre como manejar el estrés laboral

Liderazgo y participación, Claves para empresas saludables y productivas