INTRODUCCION...
Debido ás novas tecnoloxías as nosas entornas de aprendizaxe son cada vez máis ricas e complexas, se fai anos a meirande parte dos coñecementos que se precisaban para traballar se tiñan almacenados na cabeza actualmente esto sería impensable.
Cabe afirmar entón que todos temos un PLE: Persoanal Learnig enviroments.
Entendido este como una forma de aprender máis ca de ensinar. Este enfoque da aprendizaxe é persoal, o creador pode organizalo e xestionalo como mellor se axuste ao seu modo de aprender, cada un fixa os seus obxectivos, escolle as fontes, as ferramentas e os contidos.
Polo tanto a esta posibilidade que nos da internet de utilizar un conxunto de ferramentas gratuitas, de recursos e de fontes de información, de facer contactos con variedad de persoas para aprender e desenvolvernos profesionalmente no noso eido de competencias, a esto chámase PLE
Un PLE está sempre en construcción, é dinámico, serve para aprender ao longo de toda a vida ao noso ritmo e según as nosas necesidades, e sobretodo algo moi importante nunca esquecerse de compartilo.
Para que o entorno persoal de aprendizaxe (PLE) esté completo debe conter estes tres elementos:
- Fontes de información: ADQUIRIR.
- Ferramentas: REFLEXIONAR.
- Red persoal de aprendizaxe: COMPARTIR.
O MEU PLE.
Na elaboración boto unha ollada a entorna na que aprendo e me movo dixitálmente, a quen sigo, que me segue,. cales son as miñas fontes de información, os meus lectores, as ferramentas que emprego para xestionar os meus datos e a miña documentación.
As tarefas básicas no proceso productivo e de creación do meu PLE son:
- En primeiro lugar buscar información e organizala por contidos:
Principalmente as miñas fontes de información por internet son a través do navegador GOOGLE para consultas de páxinas webs de institucións, Wikipedia, boletins oficiais etc.. inda que tamén podo empregar FIREFOX ou CHROME.
Tamén a través do meu blog: ascatrodocinco.blogspot.com; vídeos YOTOUBE para a consulta de tutoriales etc..
TWITTER que antes case non o empregaba, pero que considero sen dúbida una fonte básica de información para acceder os temas que acaparan o meu interese.
Realización de formación online, plataformas MOODLE.
- Ferramentas de reflexión e organización da información recollida para a creación de novos contidos:
Persoalmente aos que máis uso lles dou son o BLOGGER, TWITTER, DRIE, STORIFY, e como novidade que aportou este curso está o FEEDLY e o SCOOP.IT.
- Comunicar e compartir: Red persoal de aprendizaxe : PLN (Persoal learning network)
Dun xeito sinxelo definiría o meu PLN como aquel conxunto de persoas coas que temos contacto, e das que obtemos, as que aportamos e coas que compartimos información.
É moi importante compartir na comunidade e colaborar en tarefas de producción colectiva.
COMO REFLEXION FINAL...
Moito coidado!! : non caer na infoxicación, para curarse en sáude dixital utilizaremos os agregadores de canles RSS (FEEDLY) e as plataformas de curación de contidos SCOOP.IT.
O FEEDLY:
Foi unha grata aportación deste curso como ferramentas fundamental para organizar e seguir información.
Paréceme bastante sinxelo de empregar e aforra moitísimo tempo na recopilación das actualizacións das páxinas que sigo, así como gardando as que quero e compartíndoas a través do twitter, Facebook..etc.
É moi útil para aforrar tempo e ter ordenada a información do meu interés, creo que tanto a nivel persoal como profesional lle vou sacar bastante partido.
SCOOP.IT:
Organiza os contidos online por temáticas, reúne información para amosala e compartila de xeito atractivo en internet.
Inda que me parece que tanto ao Scoop.it coma ao Feedly lles vou dar moita utilidade, particularmente paréceme mas sinxelo de utilizar e menos tedioso o Feedly.
O Scoop.it ten o inconveniente de que ven en inglés e están limitados o número de topics.
Pasei de de ser unha mera consumidora de información a participar activamente e a creación de contidos.
Teño a miña tarxeta de presentación about.me, e en breve, pero inda en proceso de construcción está o meu LINKEDIN,
O curso de posgrao de orientación laboral estame permitindo coñecer e familiarizarme coas novas ferramentas, desenvolvendo as miñas competencias e creando unha identidade dixital.
E para saber mais.....
TUTORIAL SCOOP.IT
TUTORIAL FEEDLY
INFOXICACION


