jueves, 19 de octubre de 2017

O ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE

 

INTRODUCCION...



Debido ás novas tecnoloxías as nosas entornas de aprendizaxe son cada vez máis ricas e complexas, se fai anos a meirande parte dos coñecementos que se precisaban para traballar se tiñan almacenados na cabeza actualmente esto sería impensable.

Cabe afirmar entón que todos temos un PLE: Persoanal Learnig enviroments.

Entendido este como una forma de aprender máis ca de ensinar. Este enfoque da aprendizaxe é persoal,  o creador pode organizalo e xestionalo como mellor se axuste ao seu modo de aprender, cada un fixa os seus obxectivos, escolle as fontes, as ferramentas e os contidos.

Polo tanto a esta posibilidade que nos da internet de utilizar un conxunto de ferramentas gratuitas, de recursos e de fontes de información, de facer contactos con variedad de persoas para aprender e desenvolvernos profesionalmente no noso eido de competencias, a esto chámase PLE

Un PLE está sempre en construcción, é dinámico, serve para aprender ao longo de toda a vida ao noso ritmo e según as nosas necesidades, e sobretodo algo moi importante nunca esquecerse de compartilo.

Para que o entorno persoal de aprendizaxe (PLE) esté completo debe conter  estes tres elementos:
  1. Fontes de información: ADQUIRIR.
  2. Ferramentas: REFLEXIONAR.
  3. Red persoal de aprendizaxe: COMPARTIR.


O MEU PLE.







Na elaboración boto unha ollada a entorna na que aprendo e me movo dixitálmente, a quen sigo, que me segue,. cales son as miñas fontes de información, os meus lectores, as ferramentas que emprego para xestionar os meus datos e a miña documentación.

As tarefas básicas no proceso productivo e de creación do meu PLE son:

  • En primeiro lugar buscar información e organizala por contidos:

Principalmente as miñas fontes de información por internet son a través do navegador GOOGLE para consultas de páxinas webs de institucións, Wikipedia, boletins oficiais etc.. inda que tamén podo empregar FIREFOX ou CHROME.

Tamén a través do meu blog: ascatrodocinco.blogspot.com; vídeos YOTOUBE para a consulta de tutoriales etc..

TWITTER que antes case non o empregaba, pero que considero sen dúbida una fonte básica de información para acceder os temas que acaparan o meu interese.

Realización de formación online, plataformas MOODLE.

  • Ferramentas de reflexión e organización  da información recollida para a creación de novos contidos:

Persoalmente aos que máis uso lles dou son o BLOGGER, TWITTER, DRIE, STORIFY, e como novidade que aportou este curso está o FEEDLY e o SCOOP.IT.


  • Comunicar e compartir: Red persoal de aprendizaxe : PLN (Persoal learning network)


Dun xeito sinxelo definiría o meu PLN como aquel conxunto de persoas coas que temos contacto, e das que obtemos, as que aportamos e coas que compartimos información.

É moi importante  compartir na comunidade e colaborar en tarefas de producción colectiva.


COMO REFLEXION FINAL...


Moito coidado!! :  non caer na infoxicación, para curarse en sáude dixital utilizaremos os agregadores de canles RSS (FEEDLY) e as plataformas de curación de contidos SCOOP.IT.


O FEEDLY:






Foi unha grata aportación deste curso  como ferramentas fundamental para organizar e seguir información.

Paréceme bastante sinxelo de empregar e aforra moitísimo tempo na recopilación das actualizacións das páxinas que sigo, así como gardando as que quero e compartíndoas a través do twitter, Facebook..etc.

É moi útil para aforrar tempo e ter ordenada a información do meu interés, creo que tanto a nivel persoal como profesional lle vou sacar bastante partido.



SCOOP.IT:







Organiza os contidos online por temáticas, reúne información para amosala e compartila de xeito atractivo en internet.

Inda que me parece que tanto ao Scoop.it coma ao Feedly  lles vou  dar moita utilidade, particularmente paréceme mas sinxelo de utilizar e menos tedioso o Feedly.

O Scoop.it ten o inconveniente de que ven en inglés e están limitados o número de topics.

Pasei de de ser unha mera consumidora de información a participar activamente e a creación de contidos.

Teño a miña tarxeta de presentación about.me,  e en breve,  pero inda en proceso de construcción está o meu  LINKEDIN,

O curso de posgrao de orientación laboral estame permitindo coñecer e familiarizarme coas novas ferramentas, desenvolvendo as miñas competencias  e creando unha identidade dixital.





E para saber mais.....

TUTORIAL SCOOP.IT

TUTORIAL FEEDLY

INFOXICACION











No hay comentarios:

Publicar un comentario