O PLE (Contorna Persoal de Aprendizaxe) é un enfoque de aprendizaxe onde a persoa se vale das ferramentas e servizos da web para formarse de xeito autónomo. A través dun PLE é a propia persoa a que fixa as súas metas, obxetivos e incluso escolle os mestres. O PLE vai a ser un método dinámico, onde a persoa pode ir incorporando novas ferramentas a medida que estas van xurdindo ou as vai coñecendo.
Un PLE ten tres piares:
- As ferramentas de comunicación (que un mesmo elixe)
- Os recursos ou fontes de información: páxinas web de institucións, blogues, wikis…
- Persoas coas que contamos a través das ferramentas de comunicación: persoas coas que mantemos contactos e coas que interaccionamos. Neste senso non vale ser só consumidores, senón que debemos ser productores de contido.
O meu PLE quedaría da seguinte maneira:
| Contorna Persoal de Aprendizaxe de @patri_carballal |
Buscadores, correo electrónico, blogues especializados, suscripcións
a newsletters, diarios dixitais, boletíns oficiais… son ferramentas que forman
parte do meu PLE. Demasiada información xunta que administraba en carpetas na
barra de marcadores do meu navegador.
Unha tarefa esgotadora á hora de revisar tanta información. Estaba infoxicada
ata que coñecín Feedly.
Feedly é unha ferramenta que permite clasificar e organizar
a información en categorías segundo os nosos intereses profesionais e persoais.
Con Feedly podemos ver a simple vista as novidades das nosas fontes de
información e poder escoller a que máis nos interese nese momento (ou gardar
para ler máis adiante). Paréceme unha ferramenta utilísima posto que é moi
intuitiva e fácil de manexar.
Cando falamos de curación de contidos debemos falar de Scoop-it. Esta ferramenta axudanos a atopar
contidos do noso interese e crear un espazo vinculado a un tema ou topic onde outros usuarios poden ver e
compartir a información. Ademáis Scoop.it permite linkear os
contidos ás nosas redes sociais de maneira simultánea.
Valoración persoal:
Se teño que elexir unha ferramenta das anteriores quédome con FEEDLY. Dende o meu punto de vista, é moito máis intuitiva e axeitada para o meu traballo actual, posto que teño que revisar moitas fontes de información e ver se aparecen actualizacións. Aforra moito tempo ter todas as novidades dos sitios web a revisar nunha soa páxina e poder organizala por intereses. Por outra banda vexo que Soop.it tarda máis en cargar os contidos e ten un deseño máis "cargado". Ademáis ao ter a versión en inglés, para moita xente pode supoñer un problema.
![]() |
Tutorial Feedly (español)
Tutorial Scoop.it (español)
Tutorial Storify (español)

No hay comentarios:
Publicar un comentario