viernes, 15 de septiembre de 2017

Exemplo de presentacións orixinais


A miña andadura profesional comezou cando me matriculei na universidade na Diplomatura de Educación Social e máis tarde na Licenciatura de Psicopedagoxía. Dende aquela xa tiven claro que o que me motiva é traballar con persoas.

Tiven a sorte de desenvolverme profesionalmente como educadora e formadora con diversos colectivos en risco de exclusión social. Baixo o meu punto de vista é fundamental traballar a motivación dende una perspectiva optimista utilizando a asertividade e a escoita activa como ferramentas de traballo. 


Na actualidade traballo en prol da inclusión socio-laboral de persoas con capacidades diferentes polo que para mín o traballo en equipo e a cooperación son aspectos fundamentais no meu día a día. 

Nube de intereses: traballo, apoio, empoderamento, igualdade, inclusión
Intereses de @patri_carballal



Espero seguir traballando para acadar a igualdade real e o empoderamento das persoas en situación de vulnerabilidade. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario