lunes, 2 de octubre de 2017

O concepto da orientación laboral

MÓDULO 1. MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACION LABORAL



 TEMA 1. MARCO REFERENCIA DA ORIENTACION LABORAL ABERTA.

  • Sistema nacional de emprego:
    • Estructura: 
      • Órganos: 
        • Conferencia  Sectorial: órgano de colaboracion entre as CCAA e a administración do Estado en materia emprego.
        • Consello Xeral: Órgano consultivo.
      • Composición :
        • SEPE: lexislación en materia laboral e políticas pasivas (prestacións)
        • SPEG: executa a lexislación estatal e leva cabo as políticas activas de emprego.
    • PAPE: Plans anuais de política de emprego como instrumento de xestión do SNE e está aprobado polo Consello de Ministros.
    • Estratexias Europeas de emprego 2020: pretenden ser un  revulsivo contra a crise que vive europa a través de tres liñas de crecemento: intelixente, sustentable e integrador.
  • Orientación Laboral en Galicia: Resaltamos a Axenda 20: un modelo de producción baseado no crecemento para apoiar ás empresas na creacion de emprego estable e de calidade a través da formación, capacitación e especialización e sempre mediante una orientación laboral aberta. Dende o meu punto de vista este modelo apoiado nas novas tecnoloxias e nas TIC aportan a orientación unha  ferramenta fundamental,  tanto para os técnicos en orientacion  como para os demandantes que se atopan na procura de emprego.

TEMA 2. MERCADO LABORAL.

  • Mercado de traballo:
         Partimos de 2 variables: por una banda a oferta de traballo( individuos/ persoas) e por a outra a demanda(empresas). A oferta  de traballo está formada pola poboación activa= ocupados+parados.  A interacción entre a oferta/demanda de traballo determina os SALARIOS no mercado laboral, e según se explicou moi ben no módulo,  a través das graficas,  chegamos a ese Equilibrio no mercado de traballo  cando a demanda ten pendente negativa. Canto máis baixos son os salarios máis demanda de traballadores se produce por parte dos empresarios, e pola contra, canto máis elevados son os soldos máis oferta de traballadores hai tamén.


  • O salario de equilibrio: atópase no punto onde se cruza a curva da oferta coa da demanda. Un mercado  laboral ten boa situación se a taxa de paro (TP) é baixa e a de actividade (TA) e a de emprego (TE) altas .
  • Desemprego:Hay dous indicadores que cuantifican o número de parados, por un lado estan os datos que nos proporcionan  as Oficinas de Emprego e por outro os datos das Enquisas de Poboacion Activa(EPA),  datos polo que poido observar non adoitan coincidir.
    • tipos de paro:
      • fricional: como consecuencia da decision do individuo, é un paro temporal.
      •  cíclico: depende das fases cíclicas da economía
      •  estructural: é a peor situacion en canto o paro, prodúcese cando hai un desaxuste entre a demanda e a oferta.
      • estacional:  a oferta e a demanda varía según as estacións do ano.
Mercado de traballo actual :cabe subliñar as seguintes características : incremento da presenza da muller, aumento da produción e a redución de postos de traballo, aparición de novas tecnoloxías, onde máis ocupación existe é no sector servicios, pola contra diminúe no sector agrario, aumento  de mecanización con robots e automatismos, forte competencia entre empresas, redución xornada etc. Os instrumentos e ferramentas para o estudo do mercado de traballo:
    • Observatorio Ocupacional: unidade técnica que analiza a situación, tendencia do mercado de traballo, as ocupacións e os colectivos. Depende do servicio público de emprego.
    • Observatorio Europeo Emprego (OEE), analiza as políticas de emprego e as tendencias do mercado de traballo da UE.

TEMA 3. CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL.




Gustaríame  recalcar una série de conceptos e organismos para que entendamos mellor este módulo:
  • Cualificación profesional: conxunto de competencias profesionais ( capacidades, e coñecementos) que se adquiren a través da formación e da experiencia profesional. Hai 5 niveles e 26 familias en un orden vertical
  • Competencia profesional: coñecementos e capacidades para dar resposta con éxito as esixencias da vida tanto laboral como cotidiá.
  • Competencias clave: Permiten aos individuos adaptarse a una contorna laboral cambiante como é na actualidade.
  • SNCFP (Sistema Nacional de cualificacións e formación profesional): identifica as competencias requeridas para o emprego tendo en conta tanto as c. profesionais como as c. clave.
  • INCUAL ( Instituto Nacional de cualificacions): define, elabora, e actualiza o catálogo nacional de cualificacións profesionais e o correspondente catálogo  de formación profesional.
  • MEC (Marco europeo de cualificacións.)
  • IGC( Instituto galego de cualificacións): é o que acredita en Galicia os Certificados de profesionalidade 
 

TEMA 4. POLITICA SOCIAL  DE EMPREGO NA UE.

Os principais responsables destas políticas son os gobernos nacionais, nembargante a UE:
  • Coordina mediante medidas para crear postos de traballo, dinamizar e equilibrar o mercado lab.
  • Supervisar as politicas emprego a través de iniciativas:
    • paquetes de medidas para o emprego
    • fomento emprego xuvenil
    • iniciativa europea : emprego, asuntos sociais e inclusión 
Movilidad dos traballadoras: dereito dos cidadáns da UE a libre circulación que implica: recoñocemento dos dereitos de desprazamento, residencia e do dereito de entrada e residencia de familia e dereito a traballar noutro estado miembro.
  • fondos estructurais: Fondo Social Europeo (FSE).
  • fondos de cohexión.
  • fondo Europeo de adaptacion e globalización (FEAG).
  • Programa Progress.
Atopei moi  Interesante para o meu traballo de  orientadora laboral o portal europeo de emprego EURES  e os demáis recursos europeos para a orientacion laboral e profesional: EPSO, EURAXESS, EUROPASS, EURYDICE, estas ferramenta xunto co SNGX forman un conxunto importante na procura de emprego dos xóvenes.

TEMA 5. INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA ACCESO AO MERCADO LABORAL.

INFORME GEM: Estudia o fenómeno emprededor en tódolos paises.
Segundo o CIS, o 90% dos mozos españoles rexeitan a idea de converterse en emprendedores, entre os universitarios este rexeitamento é menor.As causas desta desmotivación son várias: barreras mentais, carencia de ideas, descoñocemento do sector, falta de formacion específica, falta de financiamento, excesiva burocracia...etc
Os tres elementos esenciais para a creacion dunha empresa veñen sendo:
  •  A IDEA: Qué? Que é?
  • PERSOA EMPRENDEDORA Cómo se elabora?
  • PLAN DE EMPRESA Qué? ¿para que sirve? por que?
Compre subliñar o obradoiro que se fixo  do método CANVAS como ferramenta para xerar un modelo de negocios.
https://www.youtube.com/watch?v=i1Le5GYkBT8, 


 E por último e para Saber Máis .....premer nos enlaces que aparecen no texto.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario