lunes, 2 de octubre de 2017

O mercado laboral


Tema 1: Marco de referencia da orientación laboral


O Sistema Nacional de Emprego componse do Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), que lexisla en materia laboral e de Políticas Pasivas de Emprego (prestacións e subsidios por desemprego), e dos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, en  Galicia  contamos co SPEG,  instrumento da Xunta de Galicia que asumeu competencias (no ano 1997) e que se encarga da execución das Políticas Activas.
En canto ao marco actual de politicas de emprego contamos con instrumentos como:
  • Plan Anual de Política de Emprego (PAPE) que ten como obxectivos, entre outros,  implementar o Plan de Garantía Xuvenil, favorecer a empregabilidade de colectivos especialmente afectados (maiores de 45, desempregados de longa duración…), mellorar a calidade da formación profesional para o emprego e impulsar o emprendemento. Este plan anual enmárcase en 6 eixes (Orientación, Formación, Oportunidades de emprego, Igualdade no acceso ao emprego, Emprendemento e Mellora do marco institucional.

  • Estratexia de Activación para o Emprego (2017 – 2020) que ten como finalidade última  a coordinación  para mellorar a eficacia e eficiencia das políticas a favor da activación para o emprego e a modernización dos Servizos Públicos de Emprego.

  • Plan anual de Reformas de España 2017: o plan recolle reformas estruturais para modernizar a economía e mellorar a nosa política fiscal. Destacan as reformas de inclusión social e creación de emprego así como tamén o respaldo á iniciativa emprendedora.


Tema 2: O Mercado Laboral

Calquer tipo de mercado estrutúrase sempre pola converxencia entre a oferta (poboación activa = parados+ocupados, que en España defínese na EPA)e a demanda (cantidade de traballadores que os empregadores están dispostas a contratar).              
Dita converxencia vai a marcar o equilibrio do mercado.


A función de demanda de traballo ten pendente negativa. Mentres que a oferta de traballo ten pendente positiva.

Se non existe un equilibrio entre estos elementos prodúcese unha situación de paro.



Existen diferentes tipos de paro:
  • Estructural: Provocado debido aos desaxustes entre oferta e demanda.
  • Friccional: Provocado por decisión do traballador . É algo constante.
  • Cíclico: Provocado polos ciclos económicos. É o máis nocivo.
  • Estacional: Provocado polas flutuacións asociadas ás estacións do ano.



Tema 3: Certificación e formación profesional


Neste tema debemos destacar os seguintes termos:
  • Competencia Profesional: Conxunto de coñecementos e capacidades que permiten responder ás exixencias do ámbito laboral.
  • Cualificación Profesional: Conxunto de competencias profesionais que se adquiren mediante formación e a través da experiencia laboral. As cualificacións agrúpanse en 26 familias e 5 niveis (Reflexadas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais- CNCP)

O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP), persegue identificar cales son as competencias requiridas para o emprego tanto as competencias profesionais técnicas como as competencias clave, imprescindibles para a inserción laboral. Por outra banda, é o INCUAL o responsable de definir, elaborar e manter actualizado o CNCP.

De especial interese sobre o recoñecemento da experiencia profesional é o seguinte vídeo:



Tema 4: política social e de emprego na Unión Europea


A UE e os gobernos nacionais comparten a responsabilidade nas políticas de emprego, asuntos sociais e inclusión. Os gobernos nacionais son os principais responsables da política social e de emprego, mentras que a Unión Europea supervisa as políticas nacionais en materia de emprego, lexisla sobre dereitos do traballo e coordina os rexímenes da SSSS.

Entre os organismos da UE en materia de emprego atopamos: a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea e o Comité Económico e Social Europeo.

Na Unión Europea existe a libre circulación de traballadores. A Rede EURES ofrece servizos de información, e asesoramento tanto a traballadores como a empresas. Ademáis existen outros recursos europeos para a orientación na UE como: EPSO, EURAXESS, EUROPASS Y EURYDICE.

Os fondos estructurais que se utilizan para fomentar o emprego na UE son o Fondo Social Europeo - FSE.



Tema 5: A inicitiva emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral


As taxas de emprendemento en Galicia e en España teñen tendencia decrecente, ben sexa polas barreiras mentais dos propios individuos, á falta de formación para o emprendemento ou á falta de financiamento á hora de emprender. Aínda así dende a UE teñen claro os incuestionables beneficios sociais de fomentar a cultura emprendedora e impulsar a creación de empresas:
  • Creación de emprego.
  • Creación de riqueza e benestar social.
  • Aumento da competitividade.

As empresas da denominada Economía Social, xorden para cubrir necesidades e atópanse firmemente enraizadas no territorio no que se enclavan. Son así determinantes en zonas rurais en declive, o que supón un bo contrapeso fronte ao perigo de despoboamento e de abandono e degradación de recursos de moito valor natural e social. Temos así: 
  • As Cooperativas
  • As Sociedades Laborais
  • Os Centros Especiais de Emprego
  • As Empresas de Inserción
  • As Confrarías de Pescadores
  • As Asociacións
  • As Fundacións

Pero para poñer en marcha unha empresa, é necesario reflexionar sobre tres elementos clave: a idea (que actividade emprender?), a persoa emprendedora (quen? e por que?) e o plan de empresa (como?)

Para levar a cabo o plan de empresa, contamos cunha ferramenta moi últil, o método CANVAS.

              Método CANVAS

A modo de reflexión, o orientador/a laboral debe coñecer o mercado laboral, así como as políticas e directrices europeas que se marcan dende a UE. Ter un coñecemento profundo do Sistema Nacional de Emprego proporcionaralle ferramentas e coñecementos para poñer en práctica na súa labor porfesional Ademáis ter unha perspectiva cercana ao emprendemento permitirá un mellor asesoramento e traballo para inculcar a visión emprendedora.


Para saber máis:


No hay comentarios:

Publicar un comentario